martes, 22 de octubre de 2013

¡QUE EMPECE O XOGO!

Ola a todos/as. Recibide unha calorosa benvida ao blog de TICs do IES a Sangriña para o curso 2013-2014. Este é o voso blog, aquí poderedes mostrarnos os vosos traballos e artigos, ou simplemente contarnos en que andades metidos. O obxectivo principal deste proxecto é que participedes, todos e todas, e canto máis mellor. O que se busca é que teñades unha experiencia na publicación de contidos nunha páxina web e que a través dela mostredes ao mundo, entre outras cousas, o que estamos a facer en clase.
Este é o voso sitio e o voso tempo.
¡TODOS A BORDO!