miércoles, 26 de febrero de 2014

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE AVIÓNS

A entrega de premios e diplomas aos gañadores do I CONCURSO DE AVIÓNS DO IES A SANGRIÑA farase o venres día 28, durante o 1º recreo, no pavillón.


domingo, 23 de febrero de 2014

LISTA DE INSCRITOS NO I CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL.

Rematada a inscripción no I concurso de avións de papel do IES A SANGRIÑA o número de participantes ascende a 46.
Despois de realizar o sorteo para establecer a orde de participación, faise público o listado. 


Na relación de competidores adxunta aparece tamén o día que terá que presentarse cada participante no pavillón. Se non dera tempo de que tódolos participantes citados para un día competisen, quedarán automaticamente citados para o día seguinte.

LISTADO DE PARTICIPANTES



Para demostrar o entusiasmo e as ganas que se respiran neste concurso adxunto unha foto que motiva a todo o mundo a presentarse aos vindeiros concursos propostos polo centro. Moito ánimo, e a gañar.



martes, 18 de febrero de 2014

I CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL IES A SANGRIÑA

Entre os días 25 e 28 de febreiro celebrarase no pavillón do IES A SANGRIÑA o I concurso de avións de papel. O certame estará aberto a tódolos alumnos/as matriculados no instituto e tamén poderán participar os profesores.
A competición terá lugar os días mencionados durante o 2º recreo de 12:00 a 12:20. Haberá dúas modalidades. “Distancia máis longa” e “maior tempo de voo”. Cada participante terá dereito a 3 lanzamentos por modalidade.
A inscripción podera facerse entre os días 18 e 22 de febreiro a través do formulario de inscripción:

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN 
 
Para aqueles que queiran prácticar e probar os seus avións o pavillón estará aberto os días mércores 19 e xoves 20
Na ligazón que aparece a continuación podes descargar as bases do concurso.

BASES DO CONCURSO




Organización 2º BACH B.