Entre os días 25 e 28 de febreiro
celebrarase no pavillón do IES A SANGRIÑA o I concurso de avións de papel.
O certame estará aberto a tódolos alumnos/as matriculados no instituto e tamén
poderán participar os profesores.
A competición terá lugar os días mencionados
durante o 2º recreo de 12:00 a 12:20. Haberá dúas modalidades. “Distancia máis
longa” e “maior tempo de voo”. Cada participante terá dereito a 3 lanzamentos
por modalidade.
A inscripción podera facerse entre os
días 18 e 22 de febreiro a través do formulario de inscripción:
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
Para aqueles que queiran prácticar e
probar os seus avións o pavillón estará aberto os días mércores 19 e xoves
20
Na ligazón que aparece a continuación podes
descargar as bases do concurso.
BASES DO CONCURSOOrganización 2º BACH B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario